Rss Feed
  1. Axenda fin de semana do 17 ao 19 de novembro

    xoves, 16 de novembro de 2017

    Suxestións de ocio e cultura para esta fin de semana no Morrazo, Vigo e Pontevedra

    LIBRERÍA MIRANDA


    Un vermú por Vindel







    Conversas nas librerías ao redor do Pergamiño Vindel
    O ciclo Un vermú por Vindel achega ás librerías conversas entre libreiros, expertos e público en xeral. Coa figura de Pedro Vindel como referente, a Secretaría Xeral de Cultura ofrece a posibilidade de analizar o papel do libreiro como dinamizador cultural e mediador entre lectores e libros, así como de departir sobre as cantigas de Martín Códax, os trobadores e o seu tempo.
    A cita é os sábados ás 12.00 horas.
    18 de novembro: Sala de exposicións Amalia Domínguez Búa (Bueu). 
    O anfitrión vai ser o libreiro Fernando Miranda, propietario da Librería Miranda, e a experta en temas medievais, a doutora en Filoloxía Marina Arbor. As persoas  interesadas en asistir ao vermú poden apuntarse na Librería Miranda.
    25 de novembro: Espacio Lector Nobel (Vigo). Con Marina Arbor como experta e a libreira Maribel Ferreiro como anfitrioa.
    2 de decembro: Librouro (Vigo). Co seu propietario, Xurxo Patiño, e o catedrático de Lingua e Literatura Xosé Ramón Pena.
    9 de decembro: Prisma (Vigo).  Coa libreira Verónica Vázquez e o periodista gastronómico Miguel Vil.
    PONTEVEDRA_CONTOS. O venres ás 18h na Biblioteca Pública de Pontevedra os nenos e nenas de 6 a 10 anos poderán gozar de Clowntíficos-Cuentíficos, un espectáculo divertido con acertixos, retos, bromas e moita diversión!
    PONTEVEDRA_TEATRO. O domingo ás 18.30h continúa no Pazo da Cultura de Pontevedra o Festival das Cóxegas coa estrea do espectáculo Home de Area da compañía Ballet Norte. Trátase dun espectáculo de danza que nos conta a historia de Clara, Nathanael e o fabricante de xoguetes Coppelius. Este último vive nunha casa misteriosa onde mantén as súas creacións: monecas de tamaño humano descoñecidas para o resto da xente. Sen resistir a curiosidade, Clara e as súas amigas chegan un día á casa de Coppelius dispostas a descubrir cal é o xoguete escondido. Despois de indagar en todas as partes, Clara decide facerse pasar pola moneca favorita do artesán…. Para maiores de 3 anos.
    POIO  e  VIGO_OS BOSQUINENOS. O sábado Os Bosquinenos estarán na Praia da Ostreira en Poio. Trátase dun novo encontro centrado nas aves, podedes ver máis información aquí. O domingo poderdes gozar da maxia do outono cun novo encontro dos Bosquinenos. Será a partir das 11h no Parque Forestal de Beade en Vigo, pensado esta vez para os máis pequenos e pequenas, de 3 a 5 años. Aquí podedes consultar máis información! E aquí cóntovos un pouco máis sobre Os Bosquinenos!
    VIGO_MÚSICA. O sábado no Teatro Afundación de Vigo estará o espectáculo musical Cantajuegos! Viva mi planeta! As sesións son ás 16.15h e ás 18.30h.
    VIGO_CONCERTO. O domingo ás 12h volve ao Auditorio Mar de Vigo o Ciclo Rock en familia e faino coas mellores cancións de U2. As interpretacións musicais realízaas o tributo U2Band en directo. Trátase dun concerto para gozar en familia e para que os nenos e nenas aprendan cultura musical e vivan a experiencia da historia e dos inicios do Rock & Roll.
    EXPOSICIÓNS

    Museo Massó

    Rúa de Montero Ríos, s/n - Bueu
    Web oficial
    Todo o ano
    Gratuíto
    Horario: Martes a sábado de 10:00 a 20:00 · Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 · Pechado os luns
    Unha exposición permanente relacionada co mar como fonte de financiación: desde obxectos de antigas fábricas de salazón e conservas, a outros relacionados coa actividade pesqueira, tales como ríos carpintería, artes de pesca ou a caza da balea. O museo tamén conta cunha valiosa colección de literatura, dunha calidade excepcional, entre a que os  incunables merecen unha atención especial. Complétase cun apartado dedicado á navegación cunha interesante colección de instrumentos náuticos e maquetas de barcos históricos.

    OUTROS


    MOAÑA- TERTULIA LITERARIA  O venres 17 a Lonxa Literaria terá unha nova tertulia na que contarán coa presenza de Manuel Gago, autor que falará da súa novela O anxo negro. A partir das 21 h. na Biblioteca do Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela.


    MOAÑA- TEATRO  O sábado ás 22 h. o grupo de teatro Cangas Mar Aberto representa a obra "O Velorio" de Francisco Taxes no Auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela. Entrada libre ata completar aforo.

    O Día Internacional do Patrimonio trae 7 actividades aos municipios de Pontevedra con motivo do Día Internacional do Patrimonio, o 16 de novembro. Diversos colectivos organizan rutas e visitas para poñer en valor a riqueza dos bens culturais da provincia. As Rías Baixas conta cunha candidatura a Patrimonio Mundial, as Illas Atlánticas



    Presentamos a continuación os actos previstos na provincia de Pontevedra:


    Marín:
    A Asociación Monte Pituco organiza unha ruta polo monte de San Xulián o 25 de novembro para visitar os conxuntos rupestres da Carrasca e Champás, especialmente os gravados que foron recentemente descubertos e se encontran en proceso de catalogación. Os guías serán o naturalista e experto en patrimonio Paulo Troitiño, a periodista Paz Castro e Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

    Por outra parte, a Asociación Profesional de empresas de Conservación e Restauración de Bens Culturales organiza o 17 de novembro unha visita comentada á igrexa de Santo Tomé de Marín, na que se poderá admirar a intervención sobre a pintura mural e o retablo da cabeceira románica.


    Pontevedra: A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ofrece unha clase de portas abertas sobre a importancia do oficio de restauración e conservación, o 16 de novembro, na súa sede.

    Vigo: A Asociación Cultural Ponte nas Ondas organiza desde o Museo do Mar de Vigo un programa radiofónico con escolares, sobre o Pergamiño Vindel. Será o 17 de novembro.
    Os detalles de cada una de las actividades pueden consultarse en la web Rede Patrimo



  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario